PONTEVEDRA> As novas liñas de autobús urbano de Pontevedra comezarán a funcionar o 1 de outubro. O que se pode facer dende xa é mercar as novas tarxetas do transporte público da Xunta de Galicia, que permitirán aos usuarios acceder a todos os descontos. Con elas o prezo da viaxe será de 0,85 euros.
A partires do 1 de outubro comezarán a funcionar en Pontevedra as dúas novas liñas de autobús urbano.
O que se pode facer dende xa é mercar a nova tarxeta do transporte público da Xunta de Galicia. Unha tarxeta-monedeiro que permitirá acceder aos descontos acordados entre a administración autonómica e o concello de Pontevedra.
Tamén se poden mercar os billetes soltos, cun prezo de 1,50 euros, ou bonos para 50 ou 100 viaxes. En todos os casos, os transbordos serán gratuítos.
Unha destas liñas unirá Campolongo, edificio da Xutna, Estación de Autobuses, A Parda, Montecelo e Monteporreiro. A outra, sairá dnede Monteporreiro e pasará polo barrio do Burgo, o Campus Universitario e José Malvar ata a estación de autobuses. En Monteporreiro pasarán cada 15 minutos, mentres que no resto das paradas farano cada media hora. Toda a información pode amplicarse na páxina web do concello.