A impresión 3D, antesala do Pont-Up

PONTEVEDRA> O espazo de emprendemento Pont-Up xa quenta motores, e pese a que a súa inauguración oficial será mañá, hoxe a Facultade de Ciencias Sociais acolleu o Day Breaker. Unha das actividades da xornada foi un Fab-lab de impresión en 3D onde todos os asistentes puideron comprobar de primeira man a cantidade de materiais que se poden sacar a través das novas tecnoloxías. 

 

A Facultade de Ciencias Sociais acolleu esta mañá o Day Breaker, a antesala da inauguración do espazo de emprendemento Pont-Up. E os protagonistas desta mañá foron as impresoras 3D.

Unhas impresoras que poden sacar todo tipo de obxectos.

Dende esas empresas é moi importante estar presentes nesta cita xa que así a cidadanía pode coñecer máis sobre o seu traballo.

Como xa dixemos esta é a antesala do espazo de emprendemento Pont-Up. Un evento que se inaugurará mañá na Praza de España as once da mañá. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/xornada_impresion_3d_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/xornada_impresion_3d.mp4{/flowplayer}