O estudantado sae a rúa contra a LOMCE e o 3+2

Pontevedra> Centos de estudantes manifestáronse hoxe polas rúas de Pontevedra para amosar a súa negativa ante a LOMCE e o decreto do 3+2 da universidade. Segundo a responsable de ERGUER da capital de provincia, esta folga no ensino, foi secundada polo 90 por cento do estudantado, e a meirande parte do profesorado apoiou a mesma ao non dar materia nesta xornada. 

 

Centos de estudantes percorreron as rúas de Pontevedra esta maña para amosar a súa negativa ante a Lomce e o decreto do 3+2 que queren impoñer na universidade. Esta manifestación que tivo lugar en Pontevedra partiu na Praza da Peregrina cun lema moi claro, loitar polos dereitos do estudantado. 

A respoNsable de Erguer en Pontevedra falou de que preto dun 90 por cento do colectivo estudantil secundou esta folga no ensino. 

E ademais dixo que a meirande parte do profesorado tamén apoiou esta protesta ao non dar materia ao longo desta xornada. 

Unha manifestación que partiu as doce da mañá da Praza da Peregrina e que percorreu numerosas rúas da cidade do Lérez. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/16/lomce_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/16/lomce.mp4{/flowplayer}