Portonovo corre por Malí

    SANXENXO> Correr por unha boa causa. Isto foi o que fixeron hoxe pola mañá os rapaces do colexio de Portonovo. O centro participou na iniciativa Kilómetros solidarios da ONG Save the Children, para recadar fondos para os nenos máis necesitados. Este ano, os cartos que se consigan destinaranse a unha das rexións máis castigadas de Malí.

     

    Nin o frío nin o cansanzo minaron as súas forzas.

    A iniciativa “Kilómetros solidarios” da ONG Save the Children atopou o seu eco en Portonovo. Os 360 alumnos, profesores e pais, volcáronse para conseguir fondos para os máis necesitados.

    Non hai contas do recadado, pero cren que a iniciativa foi un éxito. Todos tiñan claro que corrían por unha boa causa. 

    Aínda que non fora para eles, sabían que o seu esforzo tería un premio moi importante. Por iso, todos repetirían a proba.

    Algúns, incluso, xa comezaron a adestrar para o ano que ven.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/06/carreiras_solidarias_portonovo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/06/carreiras_solidarias_portonovo.mp4{/flowplayer}