POBRA> A estrea cinematográfica máis agardada do ano chega da man de AMBAR. Unha vez máis, o seu calendario solidario recrea os carteis de doce películas. O obxectivo do recoñecido fotógrafo Pichero converte ós protagonistas, todos eles usuarios da entidade, en actores do máis profesional.
‘Campeones’, ‘La Tribu’, ‘Nacida para ganar’… e así ata doce títulos compoñen a quinta edición do calendario de AMBAR na que participaron medio cento de usuarios da entidade.
A academia de perruquería e estética Yara colabora novamente, caracterizando ós rapaces como auténticas estrelas de cine.
Aínda que o auténtico artífice do calendario é o fotógrafo Pichero, autor das doce instantáneas que ilustran cada mes do ano en forma de cartel.
O calendario incorpora ademais a nova imaxe corporativa de AMBAR que comezará a utilizarse a partir do próximo ano.