O SALNÉS> O Salnés implantará unha rede de cargadores ultrarrápidos para coches eléctricos. A Mancomunidade está detrás deste proxecto. Será a rede máis importante de Galicia, repartida polos nove concellos da comarca con doce puntos dobres cun tempo estimado de carga de 10-20 minutos. No organismo comarcal falan dun proxecto estratéxico que sitúa ao Salnés como referente.
Con este proxecto O Salnés sitúase á vangarda de Galicia e do noroeste peninsular na implantación de estacións de carga ultrarrápidas para vehículos eléctricos. O plan contempla a instalación de 12 estacións dobres nos nove concellos da comarca.
Destes cargadores salienta a velocidade de recarga, conseguindo completar o proceso con éxito en apenas 10-15 minutos. Detrás da súa instalación está Iberdola BPpulse, cunha proposta que terá un retorno de tres millóns de euros sen ningún custo para a administración..
O proceso de implantación dos cargadores xa está en marcha. De feito só falta por instalar os de Cambados e A Illa. Calculan que nun máximo de seis meses xa poderían estar todos operativos.
Dende a compañía quixeron tamén felicitar á Mancomunidade por apostar por un proxecto que integre nove concello, convéntoo nun proposta atractiva.
O contrato ten unha duración de 15 anos cunha prórroga de cinco. Terán un prezo estimado de 59 céntimos por kw/h.











