O PSOE de Ribeira demanda a sinalización da rúa Insuabela

RIBEIRA> O PSOE de Ribeira presentou unha iniciativa solicitando a sinalización da rúa Insuabela, en Aguiño. Tralas obras de pavimentación e renovación de servizos que foron acometidas a vía permanece aínda sen sinalizar provocando que algún condutores circulen en dirección contraria.

Finalizadas as obras de pavimentación, construción de beirarrúas e renovación de servizos de abastecemento e saneamento na rúa Insuabela, aínda non se procedeu á súa correcta sinalización. A vía carece tanto de indicadores verticais como horizontais supoñendo un risco para a circulación.

Entenden ademais que a limitación da velocidade debe ser de trinta quilómetros por hora ó tratarse dunha vía de sentido único.

Por outra banda, os socialistas demandan a plantación de árbores e adecuación de zonas verdes tal e como figuraba no proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí