‘Na Casa’ renunciará á concesión do centro de día antes de fin de mes

    renunciaconcesioncentrodia100.jpg PORTO DO SON> Finalmente, a empresa que xestiona o centro de día de Porto do Son deixará de prestar o servizo o día 29.

     

    {flowplayer}barbanza/renunciaconcesioncentrodia.flv{/flowplayer}

    Xa é oficial. A empresa responsable do centro de día de Porto do Son ‘Na casa’ xa comunicou o cese da actividade o día 29 solicitando que a partir do 30 de novembro o concello asuma a súa xestión.
     
    Ante esta comunicación, dende o executivo xa iniciaron os contactos cos usuarios das familias así como coa Xunta de Galicia para buscar a mellor alternativa para garantir a atención.
     
    Paralelamente, os servizos xurídicos do concello están a estudar as cuestións legais para resolver a concesión.
     
    Pola súa banda, os responsables da empresa declinaron facer declaracións sobre os motivos da renuncia pero si confirmaron que se fará efectiva antes de finais de mes.
     
    Redacción Barbanza