Consternación na Pobra polo falecemento do ex-edil socialista, Jesús Huerta

    POBRA> Consternación na Pobra do Caramiñal tras coñecerse a nova da morte do ex concelleiro do PSOE, Jesús Huerta. O ex edil, de corenta e un anos, falecía esta mañá tras sufrir un infarto no seu domicilio. Malia que xa non formaba parte da corporación municipal, seguía traballando activamente no partido co que concorrera ás últimas municipais nos postos baixos da lista.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí