O BNG esixe un expediente sancionador ás eléctricas

    RIBEIRA> O BNG esixe á Xunta un expediente sancionador para as compañías eléctricas tralos danos causados en milleiros de fogares durante o temporal da semana pasada. Representantes do Bloque no Barbanza volveron pedir esta mañá unha tarifa eléctrica propia para Galicia.  

      

    Unión do BNG do Barbanza contra as inxustizas que consideran se cometeron durante o temporal da semana pasada con milleiros de fogares galegos. Esta mañá representantes nacionalistas dos concellos de Arousa Norte congregáronse ante a subestación eléctrica de Palmeira, en Ribeira, para denunciar  a neglixencia por parte das compañías eléctricas, por deixar sen suministro a milleiros de galegos entre 48 e 72 horas. Desde o BNG do Barbanza quixeron  denunciar tamén a actitude do goberno da Xunta, por non ofrecer explicacións no Parlamento galego o presidente Núñez Feijoo. Entenden así mesmo que se debe abrir un expediente sancionador ás compañías eléctricas. O edil do BNG en Ribeira explicou tamén que a agrupación está presentando iniciativas nos concellos para axudar ás familias máis afectadas polos danos do temporal. Por outra banda, desde o Bloque denunciaron que as eléctricas que no peor momento, en plena onda de frío, subisen de xeito abusivo os prezos; convertendo así nun privilexio un servizo que debería ser un dereito esencial. Entenden que unha tarifa eléctrica propia para Galicia sería a solución para garantir este dereito. Os nacionalistas remataron o acto desta mañá en Palmeira rachando varias facturas eléctricas en protesta polo que consideran unha actitude abusiva por parte destas empresas. 

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí