O circo de entroido muda as instalacións de AMBAR en Frións

    RIBEIRA> Os usuarios de AMBAR quixeron celebrar por todo o alto o entroido cun festival no que participaron tamén os familiares. A primeira hora da mañá comezaron cos preparativos da festa que dou comezo a mediodía cando a sede da entidade convertíase nun auténtico circo. Pallasos, malabaristas e demais personaxes desfilaron pola festa lucindo disfraces do máis orixinal. Ademais de música e baile, disfrutaron de diversos xogos e obradoiros así como un aperitivo para tódolos asistentes.