Noia presenta a súa programación de entroido

NOIA> O entroido noiés contará este ano cun amplo programa de actividades que se desenvolverán do 3 ó 7 de marzo.

Unha das principais novidades da programación será a festa infantil que se desenvolverá o luns 3 de marzo no pavillón Alonso Rodríguez, a partir das 5 da tarde,e que incluirá a actuación musical de Paco ‘Pakolas’.

As actividades de entroido terán continuidade o mércores de cinza co enterro da sardiña na praza do Curro a partir das oito e media da noite que incluirá unha chocolatada en favor de Cáritas.

Aínda así o evento de maior sona do entroido noiés volverá a ser o Rally París–Dakar que terá lugar o próximo venres 7 de marzo con saída na explanada de Labarta no que se repartirán uns oito mil euros en premios.