Galiza Nova Barbanza fai unha chamada á particiación na folga do 26F

    BARBANZA> Ribeira será escenario ese día dunha mobilización, ás doce da mañá, para reivindicar un ensino público e gratuíto, que eduque en igualdade e que defenda ó galego. O alumnado de ensino medio, universidade e dos ciclos de formación profesional están chamados a secundar a folga que terá lugar este próximo xoves 26 de febreiro. En Ribeira, como nas principais cidades galegas, desenvolverase ese día unha mobilización que partirá dende a estación de autobuses ás doce da mañá e percorrerá as diferentes rúas da cidade para rematar no concello onde está previsto dar lectura a un manifesto. Dende Galiza Nova Barbanza fan unha chamada á participación, xa que coa protesta búscase principalmente o rexeitamento maioritario ás políticas educativas coas que o Partido Popular pretende acabar co ensino público galego e que eliminan a igualdade de oportunidades debido á elitización da educación.