O Trofeo de Atletismo Santa Uxía incorpora este ano unha proba de lanzamento

RIBEIRA> Ribeira acolle este sábado a segunda edición do Trofeo Santa Uxía de atletismo organizado pola sección de atletismo da Escola de Boxeo   ‘El Canario’. Xa hai máis de 50 inscritos na competición que, como novidade, inclúe unha proba de lanzamento.

A partir das dez da mañá do sábado comezarán nas pistas do complexo deportivo da Fieteira as primeiras carreiras do Trofeo Santa uxía de Atletismo. Nesta segunda edición participarán medio cento de deportistas, dende a categoría sub 10 ata máster e, como novidade, o programa inclúe unha proba de lanzamento.

Dende o concello agradeceron a implicación do club de boxeo El Canario que, dende a súa sección de atletismo, promove este campionato para consolidalo xa no calendario deportivo de Ribeira.