BARBANZA> A proba, novidosa en Galicia, estará incluída no terceiro circuíto estatal de media distancia. Aínda que actualmente é considerado coma un deporte, o mushing segue a ser hoxe en día unha forma de transporte nórdica caracterizada polo uso de cans de tiro. Nos últimos anos está a ter un maior protagonismo, e cada vez máis son máis as persoas que o practican. Coa finalidade de aproveitar o importante tirón desta modalidade deportiva, e atraer de paso a visitantes a coñecer a nosa comarca, a mancomunidade de municipios Arousa Norte, propúxose a idea de organizar unha proba deste tipo. Será do 6 ó 8 de marzo, e estará incluída no circuíto estatal de media distancia coas categorías de canicross, bikejoring, patín, triciclo e cart. As características oreográficas do noso entorno, en especial da serra do Barbanza, de seguro farán un atractivo máis desta proba que reunirá a participantes chegados dende diferentes zonas do ámbito nacional.
Inicio Deportes