A Xunta impulsa novas medidas para paliar os efectos da crise do coronavirus na construción

GALICIA> A Xunta de Galicia impulsará medidas para minimizar os efectos que a crise do coronavirus está a deixar no sector da construción. Así o anunciou esta mañá a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. Por outra banda, a administración autonómica lamentou hoxe a decisión do Goberno de non asignar ningún tipo de fondo para as políticas de emprego vinculadas á formación.

Axilizar o pagamento das certificacións de obras xa presentadas. Esa é a unha das medidas que a Xunta de Galicia comprometeuse hoxe a impulsar co obxectivo de minimizar o impacto económico que a crise do coronavirus está a deixar no sector da construción. Ademais, a administración autonómica traballará na redinamización das obras públicas cando se levanten as restricións do estado de alarma.

A Xunta tamén lamentou hoxe a decisión do Goberno de non transferir a Galicia os 100 millóns de euros que corresponderían ás políticas activas de emprego vinculadas á formación.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria tamén fixo fincapé esta mañá na importancia de que o Goberno resolva canto antes ás dúbidas xeradas polo decreto que establece o cese das actividades non esenciais. Unha petición que xa foi trasladada á Delegación do Goberno en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí