O goberno de Cambados levará ao Pleno o peche da atención primaria polas tardes no ambulatorio

CAMBADOS> O cuadripartito de Cambados vai levar ó vindeiro Pleno da Corporación unha moción conxunta para amosa-lo seu rexeitamento á decisión do SERGAS de pecha-las consultas de atención primaria das tardes no Centro de Saúde da localidade durante os meses de verán. O executivo local tamén critica que o Servizo Galego de Saúde non se puxera en contacto co Concello para informar da medida. Seica foi a Xunta de Persoal do Hospital do Salnés a que advertiu ó cuadripartito das instencións do goberno galego.

Dende o 1 de xullo ata mediados de setembro, no Centro de Saúde de Cambados non vai haber consultas de atención primaria polas tardes. A decisión tomouna o Sergas que, pero foi a Xunta de Persoal do Hospital do Salnés a que alertou ó Concello. Para o executivo local, a medida é un auténtico erro.

Para amosa-lo seu rexeitamento, o cuadripartito vai levar ó vindeiro Pleno unha moción conxunta para amosa-lo seu rexeitamento. O edil de Sanidade aproveita para cualificar de tomadura de pelo que o voceiro local do PP se ofreza a mediar ante a Xunta para evita-lo peche do centro de saúde nas tardes de verán. Tino Cordal repróchache que Luís Aragunde defenda agora a sanidade pública fronte o que votou o PP noutras ocasións. Acúsao de incoherencia.

Mañá ó mediodía, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés e o propio Concello van presentar un calendario de mobilizacións contra a supresión das consultas pola tarde no Ambulatorio e tamén o peche do terceiro andar do Hospital comarcal.