Abren expediente a un Policía Local por ‘non mostrar a debida submisión’ a un superior

PONTEVEDRA> Comisións Obreiras denuncia abusos de poder entre os altos mandos da Policía Local de Sanxenxo. O sindicato mobilizarase para protestar contra un expediente sancionador aberto a un axente por unha falta grave, acusado dunha suposta desobediencia aos seus superiores. Segundo o documento, o policía non mostrou a debida submisión.

 

Segundo Comisións Obreiras, un mando da Policía Local de Sanxenxo converteu un intercambio de opinións cun axente nunha falta grave por desobediencia.

O suceso produciuse en novembro, e o axente enfróntase agora a un expediente disciplinario aberto por esta causa. O sindicato insiste en que nunca houbo unha negativa do Policía, e denuncia abuso de poder.

A raíz deste suceso, Comisións Obreiras denuncia que se está a vivir unha caza de bruxas no corpo da Policía Local de Sanxenxo, con importantes diferenzas entre os compañeiros.

Apuntan, ademais, a que todo sucede coa conivencia da alcaldesa. Catalina González negouse a manter unha xuntanza co sindicato ata que termine a tramitación do expediente, que neste momento está en fase de toma de declaración de testemuñas non presenciais.

O axente expedientado exponse a unha suspensión de emprego e soldo de entre tres meses e un ano. Nese caso, Comisións interporá un contencioso administrativo no Xulgado.

Ante o que consideran un atropelo, o sindicato prepara un calendario de mobilizacións que arrancará o venres 27 ás 11.30 cunha concentración ante o concello de Sanxenxo para reclamar que se arquive o caso.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/19/denuncia_expediente_policia_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/19/denuncia_expediente_policia_sanxenxo.mp4{/flowplayer} 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí