A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistra xa 54 brotes

PONTEVEDRA> 403 casos activos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Isto supón un aumento de 21 casos con respecto á xornada de onte. Ademais, nesta zona hai actualmente 54 gromos. A meirande parte deles afectan ao ámbito familiar.

Continúan aumentando os casos activos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. O Sergas confirmou hoxe 413 positivos nesta zona, 21 máis que na xornada de onte. Ademais, dous pacientes continúan ingresados na Unidade de Coidados Críticos e outros oito na planta de hospitalización de Montecelo. Un deles é un rapaz de seis anos.

Segundo informou hoxe a Directora Asistencial desta área Sanitaria, actualmente hai 54 gromos activos, a meirande parte deles afectan ao ámbito familiar.

Dous destes brotes rexistráronse en dúas festas privadas na cidade de Pontevedra. Xustamente este tipo de celebracións poderían ser o motivo do aumento rexistrado nas últimas semanas nesta área sanitaria.

Por Concellos, o de Pontevedra rexistrou hoxe 200 casos activos, 12 máis ca onte. Ademais, outros 500 contactos están en seguimento. En Poio, o número de positivos ascende a 29 e hai 11 persoas máis en seguimento.

Con todos estes datos sobre a mesa e tendo en conta o descenso nos casos importados,  o Sergas fala xa de transmisión comunitaria nesta área sanitaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí