A Deputación de Pontevedra repartirá máis de 2,4 millóns de euros a través do Plan Ágora

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra repartirá máis de 2,4 millóns de euros a través do Plan Ágora. Unhas axudas que irán destinadas á ampliación dos espazos públicos para as persoas nos concellos de menos de 50.000 habitantes. O proxecto aprobarase este mesmo venres en Xunta de Goberno.

2,4 millóns de euros, esa é a cantidade que a Deputación de Pontevedra repartirá a través do Plan Ágora. Unha liña de axudas destinada a financiar actuacións coas que gañar espazos peonís nos concellos de menos de 50.000 habitantes.

As subvencións estarán divididas en dous eixos. Por unha banda, a redacción de proxectos e, por outra, a execución das obras.

Non todos os concellos de menos de 50.000 habitantes poderán optar a estas axudas. Un dos requisitos será incrementar, como mínimo, un 50% do espazo peonil.

As axudas serán aprobadas este mesmo venres en Xunta de Goberno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí