PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo asinaron esta mañá un novo convenio para impulsar as becas Erasmus+. En total, 100.000 euros que se suman aos máis de 350.000 que a institución provincial leva xa investidos na promoción da mobilidade internacional.
Este foi o momento no que a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo facían oficial esta mañá o novo convenio para a promoción do programa Erasmus+. En total, a institución provincial subvencionará 100 becas de 1.000 euros cada unha e que se complementarán coas bolsas propias de intercambio da universidade.
Estes 100.000 euros súmanse aos máis de 350.000 euros que a Deputación leva xa investidos no Erasmus+. Un programa que fomenta a mobilidade internacional e do que xa se viron beneficiados uns 350 alumnos e alumnas.
Ela é Tania Pereira. Unha alumna da Universidade de Vigo que puido viaxar a México a completar a súa formación grazas ás becas da Deputación.
A Deputación tamén fixo público esta mañá as axudas relacionadas co programa Practicum Depo. Unha iniciativa na que se investiron máis de 2,5 millóns de euros e que permite aos alumnos e profesores de FP da provincia completar a súa actividade laboral e de formación no estranxeiro.