Dous boirenses elaboran maquetas de barcos capaces de navegar

    BOIRO> A casa da cultura Ramón Martínez López de Boiro acolle dende hai varias semanas una exposición de maquetas de distintos tipos de embarcacións realizadas por Juan Manuel Somoza e Juan Carlos Vázquez, dous veciños de Escarabote, apaixonados polo mundo do modelismo. A cada unha das maquetas non lle faltan nin o máis mínimo detalle e mesmo dispoñen mecanismos electrónicos para mover algunha das súas pezas ou mesmo navegar. Un total de dezaseis maquetas de distinto tipos de barcos, especialmente da baixura e do sector mexilloeiro, aínda que tamén hai cargueiros e mesmo acorazados da II Guerra Mundial, integran esta exposición que pode visitarse na casa de Cultura Ramón Martínez López de Boiro. Os seus autores son Juan Manuel Somoza e Juan Carlos Vázquez, dous veciños de Escarabote, afeccionados ó modelismo e apaixonados do mar, que hai máis de seis anos decidiron poñerse mans á obra e realizar con moito traballo e paciencia estas verdadeiras pezas de colección. A cada unha delas non lle falta nin o máis mínimo detalle, conservando mesmo a máxima fidelidade coa embarcación orxixinal. A súa afección polo modelismo é tal que xa están a traballar en novas maquetas que agardan poder ter xa rematadas nun breve espazo de tempo. A raíz da montaxe desta exposición na Cachada, que está a levantar unha gran expectación, non só na localidade senón tamén na comarca, sendo numerosas as visitas á mesma, propiciou que foran convidados a realizar unha nova montaxe este verán por parte da organización do Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar en Cabo de Cruz.