Preto de sesenta establecementos participarán na campaña de Nadal da Pobra

POBRA> Cincuenta e sete establecementos sumaranse este ano á campaña de Nadal da Pobra. A iniciativa está organizada pola asociación de empresarios, o centro comercial aberto O Deán e a asociación da praza de abastos.

As compras no comercio da Pobra este Nadal terán premio. A campaña promovida conxuntamente polas tres asociacións de comerciantes e o concello repartirá ata dous mil oitocentos euros repartidos en vales de entre cen e trescentos euros.

O feito de que a asociación de empresarios, O Deán e os praceiros do mercado municipal se unisen para organizar esta iniciativa tivo como resultado unha alta participación. Ata cincuenta e sete establecementos que repartirán unha rifa entre os seus clientes por cada dez euros de compra.

O sorteo realizarase o dez de xaneiro e o reparto de vales premiados está previsto para o día 17. Poderán canxearse ata o 28 de febreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí