O novo auditorio de Ribeira podería estar rematado no verán de 2022

RIBEIRA> Avance importante de cara á construción do novo auditorio de Ribeira. Esta mañá o alcalde, Manuel Ruíz, e representantes da UTE formada polas empresas Xestión Ambiental e Prace asinaban o contrato que marcará o inicio da actuación. Os prazos que manexa o executivo pasan porque as obras comecen nun mes, para que o novo edificio poida estar rematado no verán de 2022.

Este é o momento no que o alcalde, Manuel Ruíz, e o representante da UTE formada polas empresas Xestión Ambiental de Contratas e Prace Servicios y Obras procedían á sinatura do contrato que marcará o inicio das obras do novo auditorio. Segundo explicou o propio rexedor, trátase dun momento histórico, xa que a obra, unha vez construída, converterase nunha das actuacións de referencia das realizadas pola Administración Local, cun orzamento de preto dos catro millóns de euros. Segundo el será tamén o expoñente  da nova arquitectura en Ribeira, e levará aparellada a transformación urbana da zona na que estará situada como é a praza do centenario.

A intención do Concello é que as obras se inicien xa no prazo dun mes, para que poidan estar rematadas no verán de 2022. O proxecto, que foi deseñado por un estudo de arquitectura de Palma de Mallorca, será financiado en parte con fondos europeos do programa ‘Máis Ribeira Atlántica’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí