BARBANZA> Ademais a formación nacionalista presentará mocións en tódolos concellos da comarca para solicitar a declaración do 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro. O BNG da Barbanza presentará mocións en tódolos concellos da comarca para solicitar a declaración do 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro e, con tal motivo, se realicen actividades que promovan o coñecemento da súa obra e do seu compromiso vital, e de paso de defensa do galego. O BNG barbanzán fai ademais unha chamada ás entidades da comarca e á veciñanza en xeral a que asistan ó acto literario-musical que os nacionalistas teñen preparado para este próximo domingo na Pobra, ás doce e media da mañá, na praza Rosalía de Castro, no que se dará lectura a textos da autora padronesa e no que haberá tamén actuacións musicais.
Inicio Barbanza - Muros - Noia