O DOG publica a aprobación definitiva do PXOM de Porto do Son

    PORTO DO SON> A Xunta de Galicia aproba definitivamente o PXOM do Porto do Son, cuxa orde publica este mércores o Diario Oficial de Galicia. A nova normativa prioriza a conservación dos espazos naturais de gran valor ambiental e paisaxístico posto que o municipio conta con dúas areas incluídas na Rede Natura: o complexo húmido de Corrubedo e o Esteiro do Tambre. Con respecto ó crecemento industrial do municipio, o plan establece unha reserva de solo a desenvolver en función das demandas do empresariado. Por último, o documento aposta polo desenvolvemento do rural coa inclusión de cento sesenta núcleos rurais, vinte e cinco de nova creación.