Ribeira retomará a ruta BTT de Nadal con 200 participantes

RIBEIRA> O concello de Ribeira retoma a ruta de BTT de Nadal. Será o domingo 9 de xaneiro e comporase dunha proba longa e outra curta. Os interesados en inscribirse poden facelo xa a través da web de galitimig ata o 5 de xaneiro.

Os ciclistas que desexen participar na undécima edición da ruta de BTT de Nadal do concello de Ribeira poderán facelo en dúas modalidades. Unha ruta longa de 43 quilómteros con maior dificultade e unha menos esixente de 27 quilómetros. Boa parte do percorrido é común para ámbalas dúas probas que discorren por lugares emblemáticos do concello de Ribeira como o Dolmen de Axeitos, o monte de San Alberto ou San Xián de Artes.

As inscricións xa están abertas na web de galitiming e poderán formalizarse ata o día 5 de xaneiro. A organización recomenda realizar as inscricións canto antes posto que a pandemia obrigou a limitar o número de prazas a 200 cando en anteriores edicións superábanse os 500 participantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí