VILAGARCÍA> Despois de encaixar a primeira derrota en sete meses, para compensar, o Arosa recibíu dúas boas novas durante esta semana. A recuperación de Quique Cubas, que podería volver a xogar en 15 días ,e o bo discorrer da campaña de socios, que fai que a entidade supere xa os 2.000 abonados. O Arosa conta dende este luns con máis de 2.000 socios. Así o fixo saber a súa directiva que cumpre o obxectivo que se marcara en verán, unha vez se confirmou a volta do equipo á Terceira División. Uns 1.500 xa están cobrados polo que a nivel económico a entidade vilagarcián vive desafogada. Todo grazas a ilusión xerada dende o club, por plantel e directiva e tamén polas facilidades para facerse socios, con diferentes prezos para carnets individuais, familias, peñas ou comerciantes. O outro dos focos de atención esta semana está posto en Quique Cubas. Seis semanas despois de fracturarse o peroné, o dianteiro marinense apurou ó máximo os prazos de recuperación e hoxe volta ós adestramentos. O esforzo de Cubas foi titánico para voltar o antes posible cos seus compañeiros. En dúas ou tres semanas podería xogar xa os seus primeiros minutos en competición. O presidente ve a súa volta como un reforzo para o conxunto. O resto do equipo sigue preparándose para o partido desta fin de semana. O Arosa quere recuperar a boa liña de resultados despois da derrota de Boiro. Piscis poderá contar de novo con Jesu, que volve trala súa sanción. Reciben ó Somozas na Lomba ás 17:30 horas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/16/arosa600_161013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/16/arosa_161013.mp4{/flowplayer}
Inicio Deportes