Noites Abertas regresa a Pontevedra cunha edición diferente e especial

PONTEVEDRA> Chega a Pontevedra unha nova edición de Noites Abertas. O programa destinado á mocidade contará este ano con 95 propostas que se desenvolverán ao longo dos meses de marzo, abril e maio. Como novidade, esta vez será necesario inscribirse en todas as actividades e, polo menos de momento, todas elas levaranse a cabo de maneira telemática.

Noites Abertas regresa a Pontevedra coa súa XXII edición. Sen dúbida, a máis especial e distinta pola pandemia. A programación levarase a cabo entre os meses de marzo, abril e maio e, en total, haberá 95 actividades. Polo de agora, todas elas desenvolveranse vía online e será obrigatorio a inscrición previa.

Noites Abertas adaptarase á evolución da pandemia. Xustamente por iso, o goberno local só publicou, de momento, a primeira parte da programación. O resto irá anunciándose paulatinamente na web noitesabertas.gal. O Concello non descarta que máis adiante se poidan realizar as actividades de maneira presencial.

En total, case un centenar de propostas entre as que haberá ioga, escaperooms virtuais, escritura creativa e ata batallas de galos feministas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí