A Federación de Veciños Castelao reclama que o peche de Raíña Vitoria se xustifique con datos obxectivos

PONTEVEDRA> Tamén sobre Raíña Vitoria falaron esta mañá os representantes da Federación de Veciños Castelao. As asociacións que a conforman aseguran que só aceptarán o peche da avenida se existe un proxecto obxectivo, e piden ao goberno local que achegue datos concretos que xustifiquen o peche. A Federación fixo público tamén o seu posicionamento sobre outros aspectos polémicos da actualidade local, como o futuro de ENCE ou o transporte urbano.

A Federación de Veciños Castelao demanda coñecer datos obxectivos que xustifiquen o peche da avenida Raíña Vitoria. Cando se tomou a decisión, os colectivos veciñais apoiaron a medida; agora prefiren non posicionarse ata ter a información da nova situación.

O colectivo repasou algúns dos temas máis polémicos da actualidade local. A semana pasada celebraron o primeiro encontro entre as 18 asociacións que a compoñen para decidir as súas posturas en cada un; entre eles, o futuro de ENCE, cando mañá se reúne a Audiencia Nacional para decidir a validez, ou non, da prórroga que lle foi concedida ata o 2073.

En canto á Variante de Alba, a Federación apoia o posicionamento dos veciños de Campañó e rexeitan os proxectos de concello de Pontevedra e Xunta.

O descontento con funcionamento do transporte urbano, a oposición á construción dunha gasolineira na contorna do nó do Pino,  a necesidade de descubrir e recuperar o río dos Gafos en Campolongo ou axilizar as obras de Montecelo, son outras das conclusións da Federación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí