Pontevedra faise co premio de Seguridade Viaria Urbana da Comisión Europea

PONTEVEDRA> Pontevedra faise co premio de Seguridade Viaria Urbana da Comisión Europea. A Boa Vila foi elixida entre 26 cidades de todo a Unión. O galardón recoñece as boas prácticas en materia de mobilidade sostible, destacando o seu esforzo por incrementa-la seguridade viaria, coa creación de espazos seguros para os peóns.

Pontevedra suma un novo recoñecemento ó seu modelo de cidade. Esta mañá chegaba a boa nova ó Concello: a Boa Vila resultou gañadora do primeiro Premio de Seguridade Viaria Urbana, convocado pola Comisión Europea para premiar boas prácticas en materia de mobilidade sostible.

Pontevedra presentouse canda outras 26 cidades a este galardón. Pasou á final xunto cunha cidade de Polonia e outra de Turquia.

A Comisión Europea salineta as acción postas en marcha pola cidade para converterse nun lugar máis limpo, sostible e seguro.

Lores entende que, de novo, Pontevedra posiciónase como referencia internacional á hora de muda-lo concepto do espazo urbano. Salienta o éxito do modelo de cidade pontevedrés, no que o peón é o protagonista . Di que o seu éxito vén avalado polo actual contexto de crise senitaria, onde se demostra que a persoa precisa máis espazo público.

No referente á seguridade viaria, a Comisión Europea salienta que a cidade logrou reducir as mortes na estrada de maneira “consistente” desde 1999, alcanzando a “impresionante cifra” de cero falecidos desde hai nove anos.

O xurado do premio recoñece quedar impresionado coa limitación da velocidade a 10 km/h nalgúns puntos da cidade e coa creación de espazos que resultan atractivos para o cidadán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí