Case 80 tapas para decidir a que sabe Pontevedra

PONTEVEDRA> As tapas serán as raíñas da gastronomía pontevedresa ata o día 22. Hoxe arranca na cidade o Pontedetapas, un certame dedicado a esta pequena mostra da gastronomía no que participan máis de 50 establecementos da cidade. Máis de 70 tapas a escoller, entre as que buscar, como di o lema da iniciativa, o saber de Pontevedra.

 

Non sabemos a que sabe Pontevedra, pero no Pontedetapas podemos atopar moitas propostas.

Tapa tradicional, creativa ou cóctel. Son os tres epígrafes que abren un amplo abanico de posibilidades. 53 establecementos e máis de 70 propostas diseminados pola cidade.

Entre os establecementos, hainos veteranos que aprenden en cada edición. Outros estréanse este ano sumándose á proposta impulsada dende o concello, para facerse un oco na proposta gastronómica pontevedresa.

Os establecementos compiten entre si para poñerlle sabor a Pontevedra. Tamén pode haber premio para os clientes: ata 1.000 euros. Cantas máis probes, máis opcións terás.

Dende hoxe ata o vindeiro día 22, estará en marcha esta veterana iniciativa que ano tras ano se fai máis grande.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/12/pontedetapas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/12/pontedetapas.mp4{/flowplayer}