Rematada a adecuación dos exteriores do pavillón e o campo de fúbol de A Seca

POIO> Xa está rematado o lavado de cara das fachadas do pavillón e o campo de fútbol de A Seca. O concello de Poio realizou esta intervención acolléndose a unha liña de axudas da Deputación de Pontevedra. Por iso, esta mañá o alcalde visitou as instalacións na compaña da deputada Ana Isabel Vázquez para comprobar sobre o terreo o resultado.

 

Pintado e adecuación exterior do pavillón e do recinto do campo de fútbol de A Seca. Esta foi a intervención recentemente rematada no concello de Poio.

Os traballos contaron cunha achega de 35.000 euros. Cantidade suficiente para facer un lavado de cara das instalacións e mellorar as súas condicións.

Arranxada a cara exterior, agora quedan as necesidades interiores das instalacións. Intervencións que o concello pretende abordar coa seguinte liña de axudas.

A intención de Deputación e concello é mellorar o estado das instalacións para, aseguraron, manter a calidade do servizo que ofrecen aos cidadáns.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/03/visita_deportes_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/03/visita_deportes_poio.mp4{/flowplayer}