RIANXO> Onte pola noite arrancaba unha nova edición das Noites de Jazz de Rianxo.
Facíao como vén sendo costume nos últimos anos coa actuación da Big Band da Escola de Música.
O concerto reuniu na praza Rafael Dieste a un gran número de persoas afeccionadas a este estilo musical.
O Festival, que co paso das edicións está a collendo maior protagonismo, terá continuidade ata o vindeiro domingo.
Durante estes días serán varios os grupos que se subirán ó escenario entre os que se atopan Laroá, o Trio Teshuva ou Cromática Pistona, banda encargada este ano de pechar as Noites de Jazz de Rianxo











