Noia recupera a tradición dos ‘Cantos de Taberna’ durante os meses de marzo e abril

NOIA> Tralo éxito da primeira edición, o concello de Noia volve poñer en marcha os Cantos de Taberna. A iniciativa, impulsada pola asociación cultural ‘Ponte un sancosmeiro’ conta xa con preto de 30 inscritos así como a participación de numerosas agrupacións musicais.

O venres dará comezo no local de ensaio Prudencio Romo o taller dos Cantos de Taberna que pon en marcha a Concellería de Cultura e a asociación Ponte un Sancosmeiro. Ademais do obradoiro, que se estruturará en catros sesións, os cantos sairán á rúa en diversas sesións para recuperar esta vella tradición e dinamizar a hostalería nos meses de abril e marzo.

Os cantos terán lugar os días 1 e 8 de marzo e  5 e 19 de abril. Ademais dos participantes nos obradoiros sumaranse á iniciativa diversas agrupacións musicais de toda a comarca e mesmo doutros municipios. Dividiranse en tres grupos por sesión que percorrerán tres locais en distintos horarios.

Os grupos convidados son  Os da Boina, Vai de Roda, Troula, Nunca é Tarde, Eiradela, Can de Ghaiterio, Son da Illa, Foliadeiras do Liceo, Falcoeira, Lumieira e Jaitas Blue.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí