As traballadoras de Axuda no Fogar de Sanxenxo séntense ‘desprezadas e puteadas’ por Telmo Martín

SANXENXO> Traballadoras, sindicatos e partidos da oposición intensifican as súas críticas contra o goberno local de Sanxenxo pola privatización do Servizo de Axuda no Fogar, que pretende levar adiante Telmo Martín. As empregadas din sentirme moi decepcionadas co alcalde. Pídenlle explicacións porque, segundo din, a privatización do servizo vai ter máis custo para as arcas municipais.

Sindicatos e partidos da oposición acompañaron hoxe ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, que o Concello de Sanxenxo pretende privatizar. Din que está en xogo a súa calidade e temen un empeoramento das súas condicións laborais. Respecto á actitude do alcalde neste asunto, din sentirse…

Segundo sospeitan, a privatización é a resposta vingativa que lles dá o rexedor ás reivindicacións que veñen demandando dende hai tempo.

As traballadoras lamentan tamén a actitude do Concello á hora de dialogar. As reunións, din, foron máis que escasas.

Os sindicatos lamentan o deterioro que está a sufri-lo servizo. Din que a privatización vai traer consecuencias, sobre todo, para os usuarios.

Como alternativa, propoñen negociar un sistema mixto, opción que tamén gusta ás traballadoras.

Os grupos da oposición xa solicitaron un Pleno Extraordinario para aborda-lo futuro das 23 traballadoras. Tamén levarán o asunto á sesión ordinaria do mes de marzo. Ademais, puxeron en marcha unha campaña de recollida de sinaturas entre os veciños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí