Un mariñeiro da Illa declárase en folga de fame polas súas diferenzas coa confraría

A ILLA> Un mariñeiro da Illa de Arousa planta a súa embarcación diante da lonxa polas súas diferenzas coa confraría. O home declarouse en folga de fame porque, segundo a súa versión, non lle permiten vender os seus produtos con normalidade.

Rogelio Rial é un mariñeiro da Illa de Arousa que, segundo denuncia, está a sufrir unha discriminación por parte da confraría da illa. Segundo conta, dende que comezou a traballar coas algas, o pósito da vila impediulle facelo nas mesmas condicións que o resto de buzos, cansado da situación decidiu plantar a súa embarcación diante da lonxa para pedir a confraría que lle deixe traballar.

A súa protesta vai máis alá e declárase en folga de fame ata que chegue a un acordo coa confraría.

O mariñeiro asegura que tomou medidas denunciando a confraría, pero dende o pósito prometéronlle que o deixarían traballar con normalidade, unha situación que, supostamente, nunca se deu.

Para poder traballar o home tivo que buscarse o seu propio comprador, pero aínda así os problemas non remataron,segundo di, a confraría enganouno co tope das algas.

Dende a confraría desmentiron as acusación vertidas polo mariñeiro. Aseguran que eles non lle impiden vender na lonxa. Tamén quixeron aclarar que os problemas de Rogelio cos compradores dependen dos compromisos acordados por ambos, nos a confraría non pode intervir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí