POBRA> O concello da Pobra contratará temporalmente a trinta e oito traballadores con cargo ás diferentes liñas de subvencións convocadas pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Como tódolos anos, o concello da Pobra cursou as solicitudes de persoal para reforzar as brigadas municipais. Con cargo ás subvencións da Deputación da Coruña, o executivo contratará a dez persoas para limpeza de praias durante o verán así como un oficial e dous peóns para apoiar á brigada de obras. Mediante a convocatoria de axudas da Xunta, o concello solicitou a contratación de vinte socorristas durante o verán, tres traballadoras para o CAD durante medio ano e a inserción laboral de dous perceptores da RISGA durante sete meses. Ademais de persoal, realizáronse os trámites para a cesión de novos equipamentos a Protección Civil. Os interesados en optar a algunha destas prazas poden solicitar máis información no departamento municipal de emprego.
Inicio Barbanza - Muros - Noia






