RIBEIRA> Ribeira acollerá entre o 21 e o 24 de xuño a cuarta edición da Feira do Libro. Cinco librarías, unha caseta da Deputación e unha sección de biblioteca do concello compoñen este espazo dedicado ó fomento da lectura na praza do concello. O vindeiro xoves a mediodía abrirá as súas portas a cuarta feira do libro de Ribeira. O acto de inauguración terá lugar á unha co pregón a cargo de Paula Carballeira. Precisamente, as actividades dedicadas a público infantil e xuvenil serán unha constante no programa desta feira que, como anteriores edición, busca fomentar o hábito da lectura entre os máis novos. Durante as catro xornadas de feira desenvolveranse tamén numerosos actos de presentación e sinatura de libros a cargo de autores como Rocío López, Manuel Miragaia ou Paco Lobatón. O concello de Ribeira habilitará na sección biblioteca un esapzso para escritores locais como Carlos Callón, Carlos Lixó ou Xosé Vicente Domínguez que terán ocasión de intercambiar impresións cos seus lectores. O acto de clausura terá lugar o domingo ás nove da noite cunha emotiva lembranza o recentemente falecido Plácido Betanzos. Nesta edición participan cinco librerías: Arigató, Ler, Pedreira, Cortizas e Aenea. A feira permanecerá aberta en horario de doce a dúas e de seis a dez. O sábado e o domingo o peche a mediodía será ás dúas e media.
Inicio BARBANZA