A reforma da capela de Santa Rita en Beluso si poderá realizarse

    BOIRO> O alcalde, Xoán Xosé Dieste, chegou a un acordo co actual propietario, e en breve asinará con el un documento de cesión que si lle permitirá poder realizar as obras, tal e como demandan os veciños desta parroquia. Nada máis ter coñecemento da nova a través de Canal Rías Baixas, o alcalde, Xoán Xosé Dieste, tratou de buscar toda a documentación que existía no concello respecto a esta propiedade na que se atopa a capela de Santa Rita. Unha vez revisado o expediente atopouse con grandes sorpresas. Unha delas, que segundo el, mesmo descoñecen os propios veciños da parroquia, é que se trata dunha propiedade privada, xa que a cesión en favor do concello por parte dos antigos propietarios nunca chegou a realizarse. O rexedor boirense si chegou agora a un acordo cos actuais propietarios dos terreos, o que permitirá poder desenvolver as tan ansiadas obras de rehabilitación da capela, tal e como pretenden os veciños de beluso. Xoán Xosé Dieste tivo palabras críticas contra o voceiro de Cidadáns, Javier Chouza, que tamén se fixo eco da nova. Segundo o rexedor, Chouza era coñecedor de toda esta problemática, e aínda así, tratou de enganar ós veciños para acadar uns réditos políticos.