Militantes de ‘Podemos’ fundan ‘Gañemos Vilagarcía’ para concorrer ás municipais

    VILAGARCÍA> Gañemos Vilagarcía será, finalmente, o nome co que militantes de Podemos concorrerán ás eleccións municipais. Tras rexistralo esta mañá ante notario, unha representación dos seus quince fundadores fixeron a presentación oficial da formación e das súas ideas básicas. Unhas liñas que apuntan, sobre todo, a buscar un cambio en Vilagarcía e fomentar a participación cidadá dos que se queira unir a eles.

     

    Os militantes de Podemos en Vilagarcía xa teñen partido para presentarse ás municipais. Gañemos Vilagarcía nacía esta mañá de xeito oficial, coa mirada posta en conseguir un cambio no municipio.

    O seu punto de partida é modesto, pero os seus quince membros fundadores están dispostos a construír un proxecto que poida sumar a moitos veciños.

    O programa de “Gañemos” está composto por 100 ideas abertas a cambios. O que é inamovible son as catro prioridades da formación: servizos sociais, educación e cultura, medio ambiente e proximidade cos veciños.

    Este venres celebrarán a súa primeira asemblea. Será completamente aberta, e con ela buscan palpar sumar persoas ao seu proxecto. Recoñecen, ademais, contactos con outras formacións.

    O nome escollido non é unha casualidade. “Gañemos” é a palabra que se repite en máis de 500 municipios españois para aglutinar aos militantes de Podemos formación que, como tal, non concorrerá ás municipais.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/09/ganemos_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/09/ganemos_vilagarcia.mp4{/flowplayer} 

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí