Vilanova modificará o uso das parcelas do Polígono de Baión para dar cabida a novas empresas

VILANOVA> Vilanova e a SEA traballan na modificación do uso das parcelas do polígono de Baión para dar cabida a novas empresas. Con esta modificación, os terreos pasarán a ter un uso mixto en lugar de comercial. Dúas novas empresas están pendentes deste cambio para poder instalarse no polígono vilanovés.

O polígono industrial de Baión estase convertendo nun dos máis demandados da comunidade para a instalación de novas empresas. De feito, durante o último ano a súa ocupación pasou dun 15 a un 46%. Na actualidade, dúas novas empresas queren instalarse na zona industrial vilanovesa pero, para poder facelo, é necesario que se modifique o uso das parcelas. Tanto o concello como a Sea xa traballan nese obxectivo.

Gran parte das parecelas do polígono de Baión teñen un uso comercial. Esta utilización ten que modificarse para dar cabida a novas empresas industrias.

Con esta ampliación, o polígono terá unha superficie industrial que roldará os 60 mil metros cadrados.

Nos vindeiros días o concello tramitará a modificación de usos, o que permitirá que as novas empresas poidan instalarse. Dende o goberno local agardan que o cambio poida facerse sen complicacións xa que a zona está preparada para dar cabida a empresas de carácter industrial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí