A Xunta inicia en Rianxo as obras da Base Integrada de Unidades Operativas contra Incendios

RIANXO> A Xunta inicia en Rianxo as obras da Base Integrada de Unidades Operativas contra Incendios da consellería de Medio Rural.

A actuación é posible, grazas á cesión por parte do Concello á Xunta dunha parcela de equipamento municipal no polígono industrial de Té.

Será a primeira base deste tipo que se poña en funcionamento na comarca do Barbanza.

Estes días estase a levar a cabo a fase inicial dos traballos, consistentes na explanación do recinto que albergará o futuro edificio.

O proxecto presenta un orzamento de algo máis de 441 mil euros e un prazo de execución de seis meses.

O alcalde, Adolfo Muíños, destacou a boa disposición do Concello a ceder esta parcela, consciente do beneficio directo que esta infraestrutura pode achegar a Rianxo, ó tratarse de operativos, por desgraza, SEGUNDO EL,  imprescindibles para a loita contra os incendios forestais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí