Velo vaise e abre a posibilidade dunha moción de censura

BOIRO> Finalmente Manuel Velo cumpre a súa palabra e presenta a dimisión coma edil na corporación municipal. O  histórico político boirense xa formalizou a súa renuncia por vía telemática esta pasada fin de semana no Concello. A marcha de Velo reabre novamente o debate dunha posible moción de censura.

Varios meses despois do ultimatum que lle deu ó Partido Socialista, esixindo para el responsabilidades de goberno e a constitución dun cuatripartito, no que tamén tiveran cabida BNG e Boiro Novo, Velo cumpre a súa palabra e presenta a súa renuncia coma edil da corporación municipal. Despois de preto de corenta anos coma edil , nove deles coma alcalde, o histórico político di abandonar a primeira liña política por coherencia, ó ver que o executivo municipal non atende as súas demandas e mantén un goberno en minoría, con tan só cinco edís de dezasete cos que conta a corporación.

Velo vaise, pero coa súa marcha reábrese novamente a posibilidade dunha moción de censura que leve o PP á alcaldía, algo do que o vello político se desmarca.

A renuncia de Velo, que deberá facerse oficial na vindeira sesión plenaria, levaría a José Antonio García Castro, o seguinte na lista de IC Boiro a recoller a súa acta de concelleiro.