O concello da Pobra promove a identificación das mascotas mediante microchip

    POBRA> O concello da Pobra volve poñer en marcha a campaña de implantación do chip ós animais. Durante os meses de abril e maio, ofrecerán un desconto do quince por cento para a colocación deste elemento identificativo que, lembran, é obrigatorio. Os propietarios de mascotas que se acollan a esta campaña obterán un desconto do quince por cento para a implantación do microchip . Ofrece tamén a posibilidade de realizado a domicilio sen necesidade de desprazarse ata unha clínica veterinaria. O procedemento é moi sinxelo e as vantaxes que supón son moitas. Lembran que non se trata dunha opción voluntaria senón dunha obriga legal. A carencia deste dispositivo nas mascotas de máis de tres meses pode acarrear sancións que van dos cen ós cincocentos euros. O concello decidiu volver a poñer en marcha esta campaña dado o éxito do pasado ano. Así mesmo, colaboran coa protectora Moura noutro tipo de iniciativas como as campañas de esterilización para evitar a sobrepoboación e os abandonos.