O Hospital do Salnés estrea mañá novo aparcadoiro con 150 prazas

    VILAGARCÍA> A partires de mañá, o Hospital do Salnés contará cun novo aparcadoiro. Hoxe, operarios da Deputación e do concello ultimaban as obras que dotarán o centro de 150 prazas máis de aparcamento. Un servizo necesario, tendo en conta sobre todo que o vindeiro día 14 haberá que despexar o aparcadoiro habilitado pola mancomunidade polo arranque das obras de ampliación do Hospital.

     

    A partires de mañá, os pacientes do Hospital do Salnés terán máis espazo para deixar os seus coches. A Deputación e o concello de Vilagarcía están a rematar o acondicionamento desta zona, cedida de xeito gratuíto durante tres anos polos propietarios de Fundiciones Rey.

    Se este espazo xa é necesario, o será aínda máis a partires do día 14, cando haberá que baleirar o aparcadoiro habilitado pola Mancomunidade do Salnés para dar comezo ás ansiadas obras de ampliación do Hospital.

    Non faltaron os reproches, sobre todo aos gobernos doutras cores. E é que, aseguraron, estas necesidades de espazo xa deberon ser previstas no momento da construción do centro.

    Ademais das obras de ampliación, os alcaldes e o presidente da Deputación xa pensan no acceso ao centro dende a estrada nacional, que se facilitará cunha rotonda.

    Tamén adiantaron que seguirán traballando para conseguir novos espazos que destinar a aparcadoiros e é que todo apunta a que as zonas actuais serán insuficientes para dar cabida a todos os usuarios unha vez rematada a ampliación do Hospital.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/11/louzan_aparcamento_hospital_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/11/louzan_aparcamento_hospital_salnes.mp4{/flowplayer}