Un mural que mudará no tempo da loita contra a violencia de xénero

PONTEVEDRA> ‘De bruxas e bolboretas’ é o nome da iniciativa coa que concello de Pontevedra e Universidade de Vigo impulsarán unha nova campaña contra a desigualdade de xénero e a violencia machista. Un programa de formación entre universitarios que se fará visible o 25 de novembro en forma de gran mural na praza do oito de marzo. Invadir Pontevedra cun proposta impactante que faga á cidadanía reflexionar sobre as desigualdades de xénero e a necesidade de loitar contra a violencia machista. É a finalidade que persegue ‘De bruxas e bolboretas’, un proxecto impulsado por concello e campus universitario a través do programa ‘Tangram’. O programa desenvolverase ó longo de todo este ano e o resultado poderá verse o 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, coa exposición dun gran mural na Praza 8 de marzo. Se a última campaña contra a violencia de xénero de Pontevedra resultou polémica polo chocante das súas mensaxes, o mesmo buscan con esta iniciativa. Espertar mentes e ir máis aló da mera cita institucional. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/10/bruxasbolboretas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/10/PROXECTO_BRUXAS_BOLBORETAS.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí