O Deputación de Pontevedra aproba unha modificación de crédito de máis de 600.000 euros

PONTEVEDRA> Outro dos asuntos que se levou ao pleno provincial foi a modificación de crédito. O importe, 669 mil euros, que serán destinados a promoción de emprego, a proxectos europeos e a pagar débedas herdadas do anterior goberno do PP. Este préstamo financiarase por baixas noutras partidas e con aforro propio.

O que parecía que ía a ser un pleno tranquilo, foise complicando sobre a marcha.  O expediente da modificación de crédito foi un dos puntos principais. En total, unha modificación de 669.000 euros que serán destinados aos programas de emprego, aos proxectos europeos e as débedas que deixou o anterior goberno.

E mentres o PSOE criticaba a mala xestión do anterior goberno, nesta moción, o PP optou por absterse.

Iso si, a pesares das discrepancias, o voceiro popular volveu a tender a súa man ao goberno.

Finalmente, a moción da modificación de crédito foi aprobada co apoio dos nacionalistas. En total,  669.000 euros que será financiados por baixas doutras partidas e con aforro propio.