A mostra “Amencer-Aspace deixa pegada en ti” aterra no Pazo Provincial

Pontevedra> O vestíbulo da Deputación de Pontevedra acollerá ata comezos do mes de febreiro a exposición do mural colaborativo de Amencer-Aspace. Unha mostra realizada durante o día mundial da parálise cerebral, celebrado  o pasado 4 de outubro. Unha exposición que ten como fin romper barreiras e loitas por unha plena inclusión das persoas desde colectivo.

Ata a primeira semana de febreiro o vestíbulo da Deputación acollerá a exposición Amencer-Aspace deja huella en ti. Unha mostra realizada no pasado mes de outubro con motivo do día Mundial da parálise celebral. Unha xornada onde participaron os usuarios deste espazo pero tamén toda a cidadanía que se atreveu a coñecelos.

Unha exposición que ten varias mensaxes claras, unha delas, loitar por unha plena inclusión das persoas con parálise cerebral.

E a reivindicación clara romper barreiras. Algo imprescindible e necesario a día de hoxe,  as persoas con parálise cerebral necesitan ser visibles, saír a rúa, falar coa xente, facer en definitiva, unha vida normal.

Poderán visitar esta exposición na Deputación Provincial ata a primeira semana do mes de febreiro, unha mostra que sen dúbida deixarán pegada. Dende Amencer-Aspace queren con esta mostra, que todos os días sexan Día Mundial da parálise cerebral. Agradecemento especial a Yoshimar e Esther, dous alumnos de Belas Artes, que se atreveron a coñecelos e lles ensinaron a dar un valor especial a cadeira de rodas, a esa compañeira que deixa pegada na vida de moitas persoas.