As confrarías arousás piden a revisión das solicitudes de paro denegadas

    BARBANZA> Os representantes dos pósitos fixeron esta solicitude ante os responsables do Instituto Social da Mariña para abordar a denegación das solicitudes de paro ós mariñeiros afectados polo peche do Libre Marisqueo. A reunión mantida esta semana entre representantes dos pósitos arousáns e do Instituto Social da Mariña tivo como resultado o compromiso de revisar as solicitudes de paro denegadas ós afectados polo peche do libre marisqueo. Na Pobra, dos vinte e un mariñeiros que solicitaron acollerse o paro, tan só tres obtiveron o recoñecemento deste dereito. Do mesmo xeito, esta situación repítese en confrarías como a de Rianxo ou Cambados nas que os profesionais vén denegado o seu dereito a cobrar o paro por contar con permisos para outras artes. Artes que na maioría dos casos tan só serven como complemento con moi poucos días de actividade ó ano. A pesar da intención do ISM de revisar as reclamacións presentadas, os profesionais non as teñen todas consigo e agardan que o compromiso se materialice no cobro real das pensións por desemprego.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí